miércoles, 13 de noviembre de 2013

Sabías que podería haber unha relación entre Blancanieves, Turing e Apple?

A mazá mordida que representa á compañía Apple é un dos logos máis coñecidos dende hai máis de dúas décadas. A súa orixe é polémica despois de contribuír a iso a ambigüidade mostrada sempre sobre o asunto polo principal protagonista da empresa: o propioSteve Jobs. Tamén é indiscutible que o primeiro logotipo de Apple, moi feo e efémero, representaba Newton apoiado nunha árbore da que pendía unha mazá iluminada a punto de caer e revelarlle a lei de gravitación universal. As primeiras interpretacións do logo actual baseábanse no Genésis e as súas referencias á mazá mordida da sabedoría. Non obstante, a interpretación máis apropiada e quizais correcta sexa a que se basea na morte de Alan Turing.

Un dos pioneiros da computación moderna, Alan Turing, foi un matemático excepcional e un grande atleta. Aínda que as súas achegas á lóxica matemática e aos algoritmos de cálculo foron o máis importante da súa obra, a súa achega máis coñecida foi a de colaborar en desentrañar as claves do funcionamento da máquina codificadora dos nazis, Enigma. O infausto do seu destino comezou en 1952 cando a policía o detivo acusado de manter relacións homosexuais cun mozo de dezanove anos. Turing denunciara ao rapaz por roubo e a policía descubriu nas súas indagacións a relación homosexual, entón delito grave. A Turing déronlle a elixir entre a prisión ou a castración química con estróxenos. Elixiu isto último e o desenvolvemento de glándulas mamarias entre outros efectos infernais, conducírono ao suicidio. A forma que elixiu foi, inspirado no conto de Blancanieves, morder unha mazá envelenada con cianuro potásico. Tiña 41 anos.

Antes que a mazá monocolor mordida da actualidade, o logo deApple estaba recheo por bandas multicolores, o cal tamén se interpreta como un aceno ao símbolo gay.

No hay comentarios:

Publicar un comentario